INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Bolsas de creación artística

A Fundación Montemadrid presenta Xeracións, un proxecto que desde o ano 2000 mostra anualmente unha selección de proxectos artísticos nos que traballan os novos artistas residentes no noso país.

Xeracións xorde do empeño por promover e proporcionar aos novos artistas ferramentas de produción e difusión dos seus traballos. O seu principal obxectivo é ofrecer unha plataforma, dedicada á arte actual, que mostre o seu traballo e difundir as súas propostas entre a crítica especializada e o público xeral.

Requisitos: poderán participar todos os/as artistas, maiores de idade, españois e estranxeiros residentes en España, que á data de peche da convocatoria non superen os 35 anos.

O prazo da convocatoria de Xeración 2023 estará aberto ata o 20 de abril de 2022 ás 12 h do mediodía

Os/as artistas cuxos traballos sexan seleccionados obterán unha dotación de 10.000 euros cada un. Seleccionaranse ata 8 proxectos artísticos.

Cada participante presentará un traballo inédito, que pode estar ou non terminado, de calquera manifestación artística, plástica ou visual. O proxecto presentado á convocatoria premiado polo xurado non poderá variar da obra exposta na mostra.
O prazo para a total finalización do traballo será decembro de 2022. Se o proxecto presentado xa está finalizado, non debe ser anterior ao ano 2021 e non pode mostrarse previamente, nin facelo ata a inauguración da exposición.

Os participantes inscribiranse a través de www.lacasaencendida.es 

https://www.lacasaencendida.es/convocatorias/generaciones/generaciones-2023-13425

Comentarios