Amar a cultura? Compartir a cultura!
Creative Commons convoca “Amar a cultura? Compartir a cultura!”
Crea unha obra de arte orixinal sobre o tema “Amar a cultura? Compartir a cultura!” acompañado por unha breve descrición que conta a historia detrás da obra de arte, incluída a forma en que esta transmite as súas emocións e relaciónase co tema. Engade un título e comparte un perfil persoal teu.
O obxectivo para #CCSharesCulture é mostrar a asombrosa creatividade que pode desencadear o acceso aberto ao patrimonio cultural. Xuntos, podemos mostrar como o acceso aberto impacta positivamente a cultura e a creatividade contemporáneas fose dos contextos institucionais, e como é un verdadeiro motor para o desenvolvemento cultural e social.
As persoas participantes poden reutilizar imaxes, pinturas, fotografías, debuxos, etc. de dominio público ou con licenza CC BY dixitalizados en coleccións abertas de calquera parte do mundo para crear, enviar e compartir obras de arte orixinais.
Premios:
1.Premio en efectivo de US$ 1000.
2.Premio en efectivo de US$ 500.
3.Premio en efectivo de US$ 250.
Poden participar persoas maiores de 18 anos.
Prazo: 30 de abril de 2022.
https://creativecommons.org/2022/02/14/cc-open-culture-remix-art-contest-2022-ccsharesculture/
Comentarios
Publicar un comentario