INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

XVII Premio de banda deseñada “Castelao”

 

A Deputación da Coruña convoca o XVII Premio de banda deseñada “Castelao”

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nas edicións anteriores, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio o certame.
As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dous autores (un como guionista e outro como debuxante).

Establécense dous premios dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:
a) Modalidade Xeral: Para todo tipo de lectores
b) Modalidade LIX: Especialmente dirixido ao lector infantil e xuvenil

A Deputación publicará a/s obra/s premiada/s, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala, e entregará ao gañador trinta exemplares.

A temática das obras será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.
Os orixinais serán enviados á Deputación da Coruña, Avda. Porto da Coruña 2, 15003 A Coruña, indicando no sobre XVII Premio Castelao de Banda Deseñada.
prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 29 de abril de 2022.
Máis información no BOP da Coruña do 21 de marzo de 2022 e en www.dicoruna.es/cultura/premios/castelao 

Comentarios