XIII Concurso de viñetas “Matildas”
Baixo o lema “Matildas” convídase a reflexionar ao alumnado sobre o efecto Matilda, termo descrito por primeira vez pola sufraxista e abolicionista Matilda Joslyn Gage, entendido como o prexuízo en contra de recoñecer os logros das mulleres científicas, cuxo traballo a miúdo se atribúe a colegas masculinos.
mozas e mozas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Cada participante só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.
Os traballos presentados poderán versar sobre:
- A visibilización do efecto Matilda nas carreiras científicas das mulleres. Poderanse analizar os prexuízos e as realidades laborais, salariais, teitos de cristal, falta de recoñecemento e fendas das mulleres e as súas carreiras científicas, investigadoras, divulgativas, innovación, etc.
- O recoñecemento de carreiras científicas de mulleres ao longo da historia e ata a actualidade, onde se ilustre sobre o seu traballo de investigación ou carreira, logros e metas na procura de referentes nas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas).
Os textos empregados deberán respectar os principios da lexislación vixente en políticas de igualdade de xénero e de prevención da violencia de xénero.
A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4.
A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío condutor.
Poderá empregarse a técnica libre.
A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.
A obra presentarase en soporte físico de papel.
A obra non poderá ir asinada co nome.
O idioma empregado será o galego.
Categorías:
Categoría A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos)
Outorgaranse primeiro, segundo e terceiro premio.
O premio consistirá nun iPAD e unha colección de cómics por valor de 100 €.
Categoría B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos)
Outorgarase primeiro, segundo e terceiro premio.
O premio consistirá nun iPAD e unha colección de cómics por valor de 100 €.
O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 12 de maio de 2022
Máis información no BOP da Coruña do 25 de marzo de 2022.
https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/
Comentarios
Publicar un comentario