INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

I Concurso de Fotografía da Construción

 

Archs Construtora convoca o I Concurso de Fotografía da Construción.

Temática: Calquera fotografía do proceso de construción de calquera obra no seu sentido máis amplo, tanto en edificación como en obra industrial, obra civil e reformas ou rehabilitación. Non se admiten fotos de edificios ou obra acabada.

Poderá participar calquera persoa maior de 18 anos.

Cada concursante poderá presentar unha soa fotografía en formato dixital, que será de realización propia e tomada con data posterior ao 1 de xaneiro de 2020.

Pode estar editada sempre que o contido da mesma corresponda á foto orixinal. Non se aceptarán fotomontaxes nin a inclusión de elementos gráficos alleos á imaxe orixinal.

Para optar aos premios, a fotografía debe cumprir os seguintes requisitos:
- Resolución: maior ou igual a 4 MP (se non está seguro de cumprir este requisito pode enviar a súa foto e nós informarémoslle)
- Verificación - Metadatos: A fotografía deberá incorporar os metadatos orixinais, incluíndo as coordenadas GPS. Se non está seguro de que así sexa, poderá indicar a data e lugar exacto onde se tomou a imaxe, no formulario de participación.
- Formato: Calquera formato e proporción
- Tipo de arquivo: Calquera non vectorial (JPG, RAW, TIFF, HEIC, PNG, BMP, GIF)

Prazo de entrega de fotografías: ata o 30 de maio. A resolución do xurado será antes do 30 de xuño.

Dotación
- Primeiro premio de 600 €.
- Segundo premio de 300 €.
- Terceiro premio de 150 €.

https://es.archsconstructora.com/bases-concurs-fotografia 

Comentarios