Festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais
A Consellería de Cultura convoca subvencións a institucións sen fin de lucro e a entidades locais galegas para a organización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2022.
Os festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais obxecto de subvención deben cumprir cos seguintes requisitos:
– Ter unha duración mínima de dous días consecutivos e un máximo de seis.
– O orzamento destinado á contratación artística non superará o 50 % do orzamento do proxecto presentado e o importe por actuación non superará en ningún caso os 5.000 €.
– A programación contará, cando mínimo, cun 30 % do total das actuacións artísticas a cargo de grupos e/ou compañías galegas.
– O proxecto obxecto de subvención debe ter un carácter libre e gratuíto para o público asistente.
Beneficiarias
a) Asociacións sen ánimo de lucro.
b) Concellos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de abril de 2022.
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.es co procedemento CT215A
Máis información no DOG do 9 de marzo de 2022 e en https://www.cultura.gal/es
Comentarios
Publicar un comentario