INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Concurso de proxectos de animación á lectura

 


O Ministerio de Cultura convoca o concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes

Beneficiarios:
Poderán participar aqueles concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan unha biblioteca pública a cargo da cal haxa persoal.

Finalidade:
Incentivar as accións de animación á lectura dirixidas a toda a veciñanza, con especial atención a colectivos con dificultades para o acceso á lectura, en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma respectiva e realizadas por bibliotecas públicas de municipios con menos de 50.000 habitantes.

Premios:
O concurso consistirá na entrega dun máximo de 370 premios en metálico, por un importe individual de 2.777,77 ou 10.000 euros para os dez proxectos que reciban mellor puntuación, que deberán destinarse integramente á biblioteca municipal de cada localidade.

Prazo: 29 de marzo de 2022
Máis información no BOE do 8 de marzo de 2022

Comentarios