INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Concurso de ilustración e cómic sobre a obra de Sorolla

 

O Museo Sorolla organiza o seu primeiro concurso de ilustración e cómic dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 25 anos cos obxectivos de fomentar o coñecemento da obra de Sorolla entre estes e incentivar a súa presenza no Museo a través dunha plataforma que lles ofreza a oportunidade de desenvolver o seu talento creativo.

A proposta de cómic a entregar deberá ser orixinal e inédita na súa totalidade (non poderá estar publicado nin ser premiado noutros concursos). Terá que ter unha extensión mínima de 2 páxinas (formato A4) a unha soa cara en vertical, en branco e negro ou cor. A proposta de cómic deberá ir acompañada da seguinte información da obra: título, dimensións, técnicas así como unha breve explicación do proceso creativo do autor ou autores en relación coa obra presentada (extensión máxima 350/500 palabras). Todos os cómics deberán enviarse en formato PDF non superando en ningún caso os 4 Mb. O nome do arquivo será o título do relato.

O cómic que envíes deberá ser unha obra orixinal e inédita creada por un autor ou dous autores. Deberán crear historias completas que versen sobre un tema central proposto polo Museo Sorolla en liña coa exposición temporal "A idade ditosa. A infancia na pintura de Sorolla".

Por iso, a historia do cómic deberá estar inspirada nun dos seguintes cadros. Ademais será obrigatorio que o cadro que se elixa estea representado nunha das viñetas do cómic.

Obras participantes:
La hora del baño, Valencia, 1904.
Madre, Madrid, 1895-1900.
Llegada de la pesca, Valencia, 1899.
Saltando a la comba, La Granja, 1907.

As diferentes propostas poderán presentarse ata o 5 de maio 2022, enviando un correo a "actividades.msorolla@cultura.gob.es";.

De entre todos os cómics presentados, entregaranse 3 premios valorados en total en 1.000 euros:
- Primeiro premio: cheque regalo Fnac valorado en 600 euros.
- Segundo e terceiro premio: cheque regalo Fnac valorado en 200 euros.

https://www.culturaydeporte.gob.es/msorolla/eu/actividades/concurso-ilustracion-comic.html 

Comentarios