INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Concurso de debuxo e ilustración de manga

 


Estudi Tres Llunes convoca o 17º Concurso Manga de Manlleu, no que poderán participar todas as persoas residentes en España.

Categorías:
- Categoría A-infantil (de 7 a 11 anos).
- Categoría B-xuvenil (de 12 a 17 anos).
- Categoría C-adulto (de 18 anos en diante).

Todas as obras presentadas deben pertencer ao estilo manga e deben ser inéditas. Este é un concurso de debuxo / ilustración, non de cómic, as obras non deben presentar secuencias de viñetas nin diálogos.

As ilustracións deben cumprir as seguintes características:
- Realizaranse en formato DIN-A3 (297 x 420 mm), orientación horizontal ou vertical.
- Técnica libre.
- Blanco e negro ou cor.
- Temática: steampunk.

Cada participante debe entregar unha única obra, que deberá presentarse sen asinar por correo electrónico a concursmanga@gmail.com, en formato JPG, dun peso non superior a 6 MB por obra, e un tamaño de 29,7 cm x 42 cm (pode estar en formato vertical ou horizontal), en formato jpg. En caso de obras realizadas directamente sobre soporte papel, pode tratarse dunha fotografía dixital, de boa calidade, da ilustración.

Presentación das obras ata o 30 de abril de 2022.

Serán premiados por votación os 3 primeiros clasificados de cada categoría.

Os premios consistirán en cantidades en efectivo (por determinar), lotes de manga e anime (por determinar), material de belas artes entre outros.

https://www.concursmanga.com/basescastellano 

Comentarios