INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Bolseiras para realizar Estadías en Cooperativas

 

Búscanse Bolseiras para realizar Estadías en Cooperativas

Programa Creando Mellora, 10ª edición
Prazo: 28 marzo 2022.

Na Unión de Cooperativas EspazoCoop inician o proceso de selección de persoas Bolseiras para participar nas Estadías en Cooperativas, no marco do Programa Creando Mellora, na súa 10ª edición.

A convocatoria está dirixida a persoas preferentemente a mulleres en desemprego ata trinta anos con estudos na área empresarial.

Convócanse 4 Bolsas para as localidades de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e Pontevedra, que darán a posibilidade de realizar unha Estadía en prácticas nunha cooperativa galega durante 5 meses para apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.

As bolsas están dotadas cunha axuda económica mensual bruta de 700 €

Máis información

Comentarios