INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Bolsas de formación en Bruxelas da Fundación Galicia Europa

 

A Fundación Galicia Europa convoca 5 bolsas para a realización de prácticas na súa sede de Bruxelas.

Bolsas:

4 bolsas para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas:
- 2 bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega.
- 1 bolsa destinada a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos.
- 1 bolsa destinada a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo.
O programa formativo das bolsas terá unha duración de 11 meses
O importe total de cada bolsa distribuirase do seguinte xeito:
Retribución bruta (pagamento á persoa bolseira): 14.850 euros.
Seguridade Social: 571,01 euros.

1 bolsa dirixida a persoas cun título universitario para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación na oficina da FGE en Bruxelas.
O programa formativo da bolsa terá unha duración de 12 meses.
O importe total da bolsa é de 18.066,53 euros.

Requisitos:
- Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar, mediante empadroamento, residencia en Galicia polo menos desde os 2 anos anteriores á publicación da convocatoria.
- Os estudos conducentes á obtención do título exixido deberán terse rematado dentro dos 6 anos anteriores ao da publicación da convocatoria

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario PR770N
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 18 de abril de 2022.

Máis información no DOG do 18 de marzo de 2022 e en http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/

Comentarios