INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

VII Concurso Balbino de Relatos


Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón e mais da Deputación de Pontevedra convocan o VII Concurso Balbino de Relatos.

Poderán presentarse textos orixinais, propios e inéditos (relato ou serie de relatos) inspirados na temática do rural galego, do mar e da emigración.
Os textos terán unha extensión mínima de 100.000 caracteres e máxima de 200.000.
O texto enviarase a:

Técnicas e Gramaxe
R/ Santa Olaia, 18
36540 Silleda
Pontevedra

ou ao enderezo electrónico concursobalbino@gmail.com

O galardón está dotado con 1500 € e a publicación do traballo gañador por Edicións Fervenza.
O prazo de participación estará aberto ata o 30 de xuño de 2022.

https://concursobalbino.com/ 

Comentarios