INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

VI Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, convocan o VI Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos con motivo do Día Europeo da Protección de Datos. Está dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de primaria e alumnas e alumnos de 1º a 4º de ESO.

O xénero literario será artgo periodístco, exposición divulgatva (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto. Como liñas condutoras destes traballos pódense considerar as seguintes, sen quedar limitadas:
- Que é para ti a protección de datos?
- Como afecta a protección de datos no teu día a día?
- Protexe os teus datos, protexe a túa privacidade, protéxete.
- Que acontecería se houbese protección de datos no conto da Carapuchiña Vermella?
- Protexer os datos nas redes sociais, é importante?
- Como protexes os teus datos?

Os textos de referencia serán o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal) e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos www.agpd.es 

Os traballos deberán presentarse en formato dixital en PDF, cunha extensión de entre 1.000 e 2.000 palabras para as categorías de 1º e 2º de ESO e 3º e 4º de ESO, e de entre 800 e 1.000 palabras para a categoría de 5º e 6º de Primaria. Cada concursante poderá presentar ao certame cantos traballos desexe. O prazo para presentalos estará aberto ata as 15:00 horas do 28 de febreiro.

Os traballos pódense presentar ata as 15:00 horas do día 28 de febreiro de 2022.

Haberá un premio para a categoría de 5º e 6º de primaria, outro para a categoría de 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4º de ESO, que consiste nunha tableta para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Ademais, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización.

https://www.cpeig.gal/sites/default/files/2022-01/VI-Concurso-proteccion-datos-2022.pdf 

Comentarios