Premio europeo Carlomagno da mocidade
Convócase a todos os mozos e mozas dos Estados membros da UE para participar nun concurso sobre desenvolvemento, integración e identidade europea organizado polo Parlamento Europeo e a Fundación do Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán.
Os proxectos poden centrarse na organización de diversos eventos xuvenís, intercambios de mozos/as ou proxectos da internet cunha dimensión europea.
Temas do concurso:
- Promover o entendemento europeo e internacional.
- Fomentar o desenvolvemento compartido de identidade e integración europea.
- Servir de modelo a seguir para a mocidade que vive en Europa.
- Ofrecer exemplos prácticos de europeos/as que viven xuntos como unha soa comunidade.
O premio ao mellor proxecto é de 7.500 euros, o segundo 5.000 euros e o terceiro 2.500 euros.
Prazo ata o 13 de febreiro de 2022
Requisitos:
- As persoas participantes deben ter entre 16 e 30 anos.
- Deben ser cidadáns ou residentes dun dos Estados membros da UE.
- Pódese participar individualmente ou en grupos, no caso de proxectos grupais e transfronteirizos, o proxecto só pode presentarse nun país que estea estreitamente vinculado ao proxecto
Comentarios
Publicar un comentario