Navega con rumbo
“Navega con rumbo” é un programa encamiñado, por unha banda ao alumnado para guialos cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede, e por outra, para o profesorado e familias, facéndoos partícipes das recomendacións que eles poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado.
O CPEIG realizará xornadas divulgativas, destinadas a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) dos centros seleccionados.
Organizaranse 240 xornadas, dunha hora de duración, durante o curso escolar 2021-2022. O Colexio elaborará unha Guía de Boas Prácticas en Internet para alumnado, profesorado e familias que estará dispoñible en soporte dixital e que se distribuirá, en formato impreso, nos centros educativos. A iniciativa conta tamén cunha web propia https://www.edu.xunta.gal/navegaconrumbo, onde está dispoñibles todo a información do proxecto.
Comentarios
Publicar un comentario