INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Inmersión en lingua inglesa para estudantes


A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca 14.000 axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa, destinadas a estudantes universitarios, de Ensinos Artísticos Superioresoutros estudos superiores e Formación Profesional de Grao Superior.

Os cursos impartiranse en dúas modalidades: modalidade de axilidade oral en inglés xeral e modalidade de inglés especializado. Os cursos terán unha duración de 40 horas lectivas distribuídas en cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo a sábado.

Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os mozos e mozas que cumprisen 18 anos a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e non cumprisen 30 anos ao 31 de decembro de 2022. As persoas solicitantes teñen que obter a condición de bolseiro/a para cursar Ensinos Universitarios, Ensinos Artísticos Superiores, outros estudos superiores, Formación Profesional de Grao Superior ou segundo curso de Bacharelato nas convocatorias de 2019-2020 ou 2020-2021.

Contía da axuda:
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso con excepción de 100 euros en concepto de reserva de praza e dos gastos de desprazamento á sede do curso que lle sexa asignado, que serán por conta do participante.

Solicitudes:
As persoaas interesadas deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible en www.educacionyfp.gob.es no apartado correspondente a "Trámites e Servizos".

prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2022.
Máis información no BOE do 10 de febreiro de 2022 e en http://www.uimp.es/actividades-academicas/cursos-de-inmersion-en-ingles.html

Comentarios