Galiciencia 2022
Os próximos días 11, 12 e 13 de maio terá lugar unha nova edición de Galiciencia, esta vez en modalidade en liña e presencial. Esta edición estará dedicada á “Economía Circular”.
Queres participar en Galiciencia?
Este ano a exposición de proxectos de Galiciencia terá un formato híbrido de maneira que os centros educativos de Secundaria, Bacharelato e FP terán que seleccionar como máximo dous proxectos para presentarse a Galiciencia de forma presencial e sen límite de proxectos para presentarse á Galiciencia online.
A data para a presentación de proxectos é do 18 de xaneiro ao 25 de marzo de 2022
Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia presencial ou online 2022 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous alumnos/as como máximo e un docente e contarnos a vosa idea a través dun vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración.
O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese. Unha vez gravado o vídeo tendes que subilo a YouTube e enviar o enlace a través do formulario de inscrición. A inscrición, vídeo e pdf deberán de realizarse en galego ou castelán.
Queres visitar Galiciencia?
O prazo de inscrición é do 18 de xaneiro ao 25 de marzo do 2022
Poderá visitar a Galiciencia 2022 calquera centro educativo de Galicia.
Os centros admitidos recibirán a confirmación da súa solicitude para facer a visita na segunda semana de abril a través do mesmo correo electrónico co que a tramitaron. A lista de admitidos será publicada nesta web de Galiciencia.
Criterios de valoración
Con todos os centros educativos anotados dentro do prazo farase unha selección para primaria e outra para secundaria nas que se valorará:
1.Que o colexio presente proxectos (primaria e/ou secundaria). Preferente.
2.Que sexa a primeira vez que veñen á Galiciencia.
3.Que participe nalgún dos concursos abertos para o público, (deseño logo camiseta para primaria ou fotografía a través de Instagram para secundaría, e desafío atrévete coa economía circular!).
Establecerase un máximo por centro de 40 asistentes e un mínimo de 20, e só poderán dispor de dúas visitas aqueles centros que presenten proxectos para primaria (un autobús de 40 asistentes máximo e 20 asistentes mínimo) e secundaria (outro autobús de 40 asistentes máximo e 20 asistentes mínimo). O desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole.
Comentarios
Publicar un comentario