INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Cursos en liña de lingua de signos española

 


A Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia fai unha nova convocatoria de cursos en liña de lingua de signos española para os Niveis B2.1 e B2.2. Neste caso, serán formacións que se realizarán a través de Zoom en grupos reducidos.

As clases en liña de Nivel B2.1 realizaranse os luns e mércores en horario de 19:00 a 21:00 h.
No caso do Nivel B2.2, serán os martes e xoves no mesmo horario, de 19:00 a 21:00 h.

Ademais das sesións en liña, cada alumno terá que preparar exercicios individuais.
Importante: Para acceder ao curso de Nivel B2.1 é necesario completar o Nivel B1 completo, e para acceder ao Nivel B2.2, debe completarse primeiro o B2.1.

Prazo de matrícula: ata o 7 de febreiro de 2022 ou ata esgotar o límite de prazas dispoñibles.

Para máis información, podedes contactar connosco no email lsecursos@faxpg.es

https://www.faxpg.es/index.php?V_dir=MSC&V_idmod=62&idn=3584 

Comentarios