INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Concurso de deseño da camiseta de Galiciencia 2022

 

Galiciencia busca camiseta oficial!!

O concurso está aberto a todo o alumnado de primaria dos centros educativos de Galicia.
Os deseños deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Economía Circular.

Condicións:
Poderase presentar un máximo de dous deseños por persoa.
- Os deseños poden ser presentados por unha única persoa ou por grupos de varias. Neste último caso, deberá constar o nome dunha persoa como titular do deseño.
- Os deseños deberán ser orixinais e inéditos e non ter sido premiados en ningún outro concurso. Os participantes deberán ser os/as autores/as das obras presentadas.
- Os deseños deberán presentarse nun folio tamaño A4, e o deseño presentado non poderá ser inferior a un A5 de superficie, é dicir, que dentro do folio A4 non se faga un debuxo que ocupe menos da metade do dito folio (A5).
- O formato poderá ser horizontal ou vertical.
- O deseño deberá realizarse sobre fondo branco.

prazo de presentación dos deseños estará aberto ata o 25 de marzo de 2022.

Todos os participantes que desexen formar parte deste concurso deberán enviar un mail cos deseños escaneados ao seguinte enderezo: galiciencia@tecnopole.gal

Premio:
O/a autor/a do deseño ganador recibirá como premio: camisetas para toda a súa clase de primaria incluídas camisetas para dous docentes e dous familiares. Ademais estas camisetas serán distribuídas entre o persoal da organización de Galiciencia e os expositores de proxectos.

https://galiciencia.com/edicion-2022/ 

Comentarios