INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Axudas a persoas agricultoras mozas para a creación de empresas

 

A Consellería do Medio Rural convoca axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións por parte de persoas mozas, así como para a incorporación de mozos e mozas á actividade agraria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de marzo de 2022.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR404A e MR405B.
Máis información no DOG do 9 de febreiro de 2022 e en http://mediorural.xunta.gal

* Persoa agricultora moza: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos máis de corenta anos, conte coa capacitación e a competencia profesionais axeitadas e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación; poderá establecerse de xeito individual ou xunto con outros agricultores, en calquera forma xurídica.

Comentarios