INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Probas de Acceso a Formación Profesional

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidades ven de publicar Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

As probas de acceso aos ciclos formativos de Grao Medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas. 

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade
de continuar formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Información e orientación sobre as probas de acceso:

Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e os centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

Proba de acceso ao Grao Medio, requisitos das persoas participantes:
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoasque non cumpran os requisitos académicos exixidos para accederen a eles e teñan dezaseteanos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

Proba de acceso ao Grao Superior, requisitos das persoas participantes:
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoasque non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñandezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Prazos de presentación de solicitudes:

- Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

- Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.

Máis información en edu.xunta.gal/fp

Calendario das Probas de Acceso

Texto da convocatoria

Comentarios