INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Parlamento Xove 2022

 

 Xa está aberta a convocatoria para unha nova edición do Parlamento Xove!!!

 O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, "a favor" ou "en contra’" en relación á cuestión formulada.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

O programa, que acada con esta a súa 13ª edición, estrutúrase en tres categorías: ESO, Bacharelato e Universidades. Como novidade este ano, esta última categoría terá tamén unha fase previa clasificatoria.

O tema de debate da fase clasificatoria para as tres categorías será: Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente?

PREMIOS
Os premios serán unha viaxe valorada en 5.000 € para cada un dos equipos gañadores das categorías escolares e en 2.500 € para o equipo gañador da categoría universitaria. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os/as mellores oradores/as e os mellores artigos de investigación en cada unha das categorías.

REGULAMENTO E INSCRICIÓN:

Descarga o Regulamento do programa para a coñecer todo o necesario sobre o proceso de inscrición e a competición: (PDF)

Tamén está dispoñible o Regulamento en castelán.

O Formulario de participación estará aberto ata o 17 de xaneiro de 2022:  

Formulario de participación ESO/Bach

Formulario de participación Universidade

Consulta as túas dúbidas no correo parlamentoxove.xuventude@xunta.gal ou nos teléfonos 981 545 702 e 981 544 645.

 

Máis información en http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove




Comentarios