Formación TIC para a mocidade desempregada
Red.es, entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, activou os seus dous programas formativos orientados a mellorar a empregabilidade mediante formación TIC.
Os programas están dirixidos a persoas en situación de desemprego e mocidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, serán impartidos en parte pola empresa galega Altia, a través do seu equipo de formación tecnolóxica.
A inscrición aos primeiros cursos dun total de 300 previstos pode facerse a través da web https://www.actualizateprograma.es/ e https://altiaformacionred.es/
O obxectivo destes programas, que inclúen máis de 300 cursos por todo o eido estatal, é formar en temáticas prioritarias ligadas á transformación e á economía dixital. Entre elas inclúense as seguintes: ciberseguridade, análise de información a gran escala (Big Data), sistemas na nube, programación web full stack, Industria 4.0 e Internet das Cousas, mercadotecnia dixital, ademais de programación de videoxogos, deseño 3D e Realidade Virtual, entre outros temas.
En cada un dos cursos ofrécese un servizo de orientación laboral destinado á procura de emprego e a mellora da empregabilidade das persoas participantes.
A formación impartirase en modalidade mixta, sendo polo menos o 80% presencial e o resto online. Cada curso consta como mínimo de 250 horas lectivas, das cales un mínimo de 220 dedícase ao contido específico da temática do curso e un mínimo de 30 a reforzar as posibilidades de atopar un posto de traballo. Ademais, complétase o programa con 12 horas de orientación laboral por alumno que completa a formación, e cun compromiso de inserción laboral de 6 meses polo menos para o 25% dos alumnos.
Os primeiros cursos que se van a impartir son para traballadores en situación de desemprego, inscritos como demandantes de emprego no SEPE,
A partir de febreiro do ano que vén poranse en marcha os cursos incluídos no programa dirixido a mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
https://red.es/es/actualidad/noticias/redes-comienza-sus-programas-formativos-en-competencias-digitales-para
Comentarios
Publicar un comentario