INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

festival de curtametraxes infantís

 

Volve o mellor cine miúdo á Cidade da Cultura coa sexta edición de Pequefilmes. O festival de curtametraxes infantís consolida a súa oferta e proxección internacional cunha amplísima selección de filmes de animación e imaxe real no que teñen cabida todos os estilos e xéneros. Ademais, Pequefilmes mantén este ano a súa aposta por un formato híbrido, con proxeccións en sala e en liña, que permitirán a nenas e nenos de todo o país gozar da programación do festival.

O festival decorrerá na fin de semana do 29 e 30 de xaneiro de 2022. A cativada poderá vivir a experiencia do cinema en pantalla grande na Cidade da Cultura e tamén ver os filmes a través da rede, accedendo ás diferentes sesións a través da plataforma tv.Festhome. A programación desta sexta edición supera as 80 curtametraxes procedentes dunha vintena de países de todo o mundo, distribuidas nas seccións a concurso do festival: Miñocas (a partir de 3 anos de idade) e Fanecas (a partir de 7 anos de idade).

Fóra de concurso, Pequefilmes ofrece este ano dous programas especiais en colaboración co Festival Clermont-Ferrand e o Festival Olloboi. A primeira inclúe unha ducia das mellores películas seleccionadas nas últimas edicións do prestixioso festival francés, mentres na segunda poderán verse preto de 20 curtas creadas e protagonizadas polo alumnado de primaria e secundaria dos centros de ensino de Galicia que participaron no festival de cine escolar que se vén celebrando en Boiro desde o ano 2009.

2 seccións: Miñocas (+3 anos) e Fanecas (+7 anos).
84 curtas internacionais procendentes dunha vintena de países.
16 sesións: 12 de concurso (Fanecas e Miñocas) e 4 fóra de concurso (Programa especial Clermont-Ferrand e Festival Olloboi).

As entradas poranse á venda en Ataquilla.com e na billeteira do Museo Centro Gaiás para as sesións presenciais –a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión– e ao mesmo prezo para as sesións en liña na plataforma tv.Festhome, coa opción de adquirir tamén abonos para unha sección ou todo o festival.

Programación:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/pequefilmes-2022 

Comentarios