X Concurso de fotografía STOP ACCIDENTES
STOP Accidentes, Asociación de Axuda e Orientación aos Afectados por Accidentes de Tráfico convocan o X Concurso Nacional de fotografía "Peón, non atraveses a túa vida" co fin de impulsar os valores cidadáns en prol dunha mobilidade sostible, segura e saudable, a través da fotografía como forma de expresión social.
O concurso pretende xerar un espazo de reflexión a través das imaxes que permita o intercambio e a reflexión na poboación en xeral, debido a que se organizarán exposicións itinerantes e a súa difusión en redes sociais.
O obxectivo do Concurso é promover unha procura proactiva de solucións na nosa mobilidade que cumpra cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas (ONU) e do Decenio de Acción para a Seguridade viaria da Organización Mundial da Saúde (OMS).
Cada persoa poderá enviar un máximo de 2 fotografías en formato dixital cun máximo de 18 MB e en arquivo JPG. A técnica da imaxe é totalmente libre, en branco e negro e/ou cor. Permitiranse retoques nas fotografías. Considerarase válido incluír na fotografía un texto ou slogan sobre o tema do concurso.
O prazo de recepción das fotografías estará aberto ata o 31 de decembro do 2021.
Dotación
- Primeiro premio: 1.200 euros.
- Segundo premio: 800 euros.
- Terceiro premio: 300 euros.
https://stopaccidentes.org/uploads/ACTIVIDADES/CONCURSOS/2021/BASES_X_CONCURSO_FOTOGRAFICO.pdf
Comentarios
Publicar un comentario