INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

VI Concurso de Fotografía Proxecto Home


A Fundación CESPA-Proxecto Home organiza o Premio de Fotografía Proxecto Home de Asturias.

O obxecto deste concurso é sensibilizar á sociedade sobre as situacións de exclusión social e do medio no que viven as persoas, así como visibilizar a quen se esforza por cambiar as condicións que levan a estas situacións, a través dun medio como a fotografía, mostrando unha mirada esperanzada no cambio e nunha vida mellor.

O concurso ten un ámbito de aplicación internacional e desenvolverase a través de internet.

O contido das fotografías presentadas estará relacionada nesta ocasión coa temática do Medio Ambiente, con aquelas imaxes que reflictan a realidade do cambio climático e das súas consecuencias sobre as persoas e o propio medio, os efectos negativos da acción humana no mesmo, así como os esforzos de todo tipo (activista, institucional, grupal ou individual) para cambiar esta tendencia e as súas accións, desde os pequenos xestos ás accións de maior impacto que colaboren a mellorar o noso medio ambiente.

Para participar cada participante subirá ata un máximo de 3 fotografías, non podendo presentar ningunha que fose premiada noutros concursos ou exposicións.

Todas as imaxes téñense que enviar ao seguinte correo electrónico: foto@proyectohombreastur.org, achegándoas en formato jpg. de máxima calidade, 3000 Px. ao lado longo, espazo de cor SRGB e resolución 300 dpi.

Prazo: ata o 31 de xaneiro de 2022.

Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos así como os menores desta idade coa debida autorización dos seus pais/nais ou titor/a legal.

Premio: entregarase un único premio dunha contía de 1.000 euros en material fotográfico á fotografía gañadora.

https://www.proyectohombreastur.org/pdfs/Bases%20VI%20Concurso.pdf 

Comentarios