INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Palabra do ano 2021

 

Chegou a hora de decidir! Tras a fase de recollida das vosas suxestións, xa temos as voces finalistas que optan a se converter na Palabra do Ano 2021: coada, gromo, resiliencia, tanxugueiras e vacinódromo. Agora chega a fase crucial!

E lembrade que o prazo para facelo está aberto ata o sábado 25 de decembro ás 23:59 horas.

A Palabra do Ano trata de identificar aquilo que resuma como se viviron colectivamente os últimos doce meses ou algún aspecto que sobresaíse, para ben ou para mal, na actualidade máis próxima ou global.

É o caso das cinco voces finalistas, que fan referencia, un ano máis, á pandemia da covid-19, pero tamén á actividade do volcán de La Palma ou ao auxe da música tradicional galega.

Este último é o caso do vocábulo tanxugueira, que non figura no Dicionario porque é en realidade un topónimo que fai referencia a un lugar con moitos teixugos. Pero hoxe esta palabra simboliza, a través do plural tanxugueiras que lle dá nome á banda de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro.

As palabras da pandemia volven aparecer irremediablemente entre as candidatas a se converter na Palabra do Ano, desta volta con novidades léxicas que dan conta do enxeño das persoas que terman da fala. É o caso do neoloxismo popular vacinódromo, unha voz que non figura no Dicionario pero que todo o mundo entende.
Gromo, na acepción referida á aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar, repite por segundo ano entre as finalistas, e resiliencia, a capacidade dos seres humanos para se adaptaren positivamente ás situacións adversas.

A entrada en erupción do volcán de La Palma o pasado mes de setembro tamén deixa pegada na elección da Palabra do Ano. Dende entón, son moitas as palabras propias do mundo da xeoloxía que adquiriron un uso cotián nos medios de comunicación e na rúa. Unha delas é coada que, alén de referirse á operación de lavar a roupa, nomea o manto de lava en estado líquido emitida por un volcán durante as erupcións.

VOTADE AQUÍ!!!


Comentarios