2022. Ano Europeo da Mocidade
O Parlamento Europeo e o Consello acordan converter 2022 no Ano Europeo da Mocidade.
A Comisión coordinará ao longo de 2022 unha serie de actividades en estreito contacto co Parlamento Europeo, os Estados membros, as autoridades rexionais e locais, as organizacións xuvenís e os propios mozos e mozas.
A mocidade europea beneficiaranse de moitas oportunidades para adquirir coñecementos, habilidades e competencias para o seu desenvolvemento profesional, e para fortalecer o seu compromiso cívico para dar forma ao futuro de Europa.
Os programas da Unión Europea dedicados á mocidade, como Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade desempeñarán un papel central na implementación e financiamento das actividades do Ano Europeo da Mocidade. Ademais, espérase o lanzamento de varias iniciativas emblemáticas.
O programa completo de actividades e toda a información estarán dispoñibles proximamente no Portal Europeo da Mocidade: https://europa.eu/youth/home_es
Máis información: https://ec.europa.eu/commission/presscorner/detail/en/ip_21_6648
Comentarios
Publicar un comentario