Voluntariado: Xuntos polo Nadal
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado colabora, por noveno ano consecutivo, coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.
O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal. Con esta finalidade ofértanse 526 prazas, 246 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e 280 na de Panxón en Nigrán (Pontevedra)
O programa desenvolverase nas datas comprendidas entre o 22 de decembro de 2021 e o 7 de xaneiro de 2022, e as persoas maiores terán aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, en habitación compartida, durante os días que dura o programa.
“Xuntos e Voluntarios no Nadal” é unha iniciativa de ambos departamentos que se pon en marcha coa pretensión de que todo aquel/a que así o desexe poida acudir a estas residencias como voluntario/a, e prestar o seu apoio e colaboración nas actividades que nelas se organicen nesas datas, así como ofrecer a súa compaña ás persoas maiores que alí se atopen.
Se estás interesado/a en pasar este Nadal coas persoas que acudan a estas residencias cubre o formulario de inscrición.
Comentarios
Publicar un comentario