O 25 porcento
Os mozos e mozas (16-35 anos) constitúen o 25% da poboación europea, pero as súas voces non se escoitan por igual e as súas opinións non están igualmente representadas nas estruturas e institucións políticas.
O proxecto 25 Porcento ten como obxectivo dar espazo ás voces dos mozos e mozas no proceso da Conferencia da Unión Europea sobre o Futuro de Europa.
Con este proxecto, querese presentar unha oportunidade para que a mocidade compartan as súas ideas para o futuro de Europa. Todas as ideas recompilaranse, analizarán e debaterán na reunión final do proxecto na primavera de 2022. Convidarase a 150 mozos/as e representantes da mocidade para debater as ideas e presentar 15 demandas xeracionais para os responsables da toma de decisións da UE.
Prazo: ata o 1 de marzo de 2022.
Comentarios
Publicar un comentario