1 de cada 3 adolescentes fai un uso problemático da internet e as redes sociais
UNICEF España presenta un informa realizado Antonio Rial, profesor de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e Fernando Suárez, presidente do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática
É unha investigación realizada sobre o impacto da tecnoloxía na nenez e a adolescencia.
O estudo recolle as opinións de máis de 50.000 estudantes da ESO, dos que o 90,8% conéctase a Internet todos ou case todos os días. Aínda que recoñecen que a Rede lles pode facer sentir alegría (96,9%), relaxación (81,6%) ou diversión (78,9%), do informe tamén se desprenden datos preocupantes, o 42% dos enquisados asegura recibir algunha vez mensaxes de contido erótico/sexual e un de cada dez recibiu, a través de redes, chats, Internet ou videoxogos, unha proposición sexual por parte dun adulto. Amais, un de cada cinco podería estar a sufrir ciberacoso.
Tamén preocupan o xogo e as apostas online, xa que se estima que 70.000 estudantes de ESO fixérono algunha vez na súa vida; o 44,3% deles di que a súa motivación foi gañar diñeiro. E, aínda que un 25% dos enquisados asegura ter discusións cos seus pais, nais ou coidadores pola tecnoloxía polo menos unha vez á semana, o informe constata que “só ao 29,1% os seus pais póñenlles límite ou normas sobre o uso de Internet e/ou as pantallas”.
Con motivo do lanzamento deste informe, UNICEF España puxo en marcha unha campaña de sensibilización dirixida a pais e nais de nenos que acaban de entrar en Internet ou que están a piques de facelo, co obxectivo de “propor ás familias que acompañen ás súas fillas e fillos nesa vida dixital que agora comezan”. Baixo o cancelo #SuMayorInfluencer, a campaña, desenvolvida pola axencia Chocolate, quere “derrubar medos e inspirar cambios a través da idea de que, do mesmo xeito que noutros ámbitos, na contorna dixital os pais e nais son a maior influencia para os seus fillos: tamén aquí poden ser os seus maiores influencers”.
A campaña conta con recursos para as familias, ás que convida a compartir as súas experiencias educando na era dixital, xerando unha comunidade receptiva, disposta a dar o paso para ser un exemplo no uso saudábel, construtivo e equilibrado da tecnoloxía.
https://www.unicef.es/publicacion/impacto-de-la-tecnologia-en-la-adolescencia
Comentarios
Publicar un comentario