INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

PRIMAVERA XOVE: OCIO PARA A XUVENTUDE

 

O novo programa chámase Primavera Xove e levarase a cabo entre os meses de maio a xuño. Está composto por tres formatos de accións diferentes totalmente gratuítas que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas, con independencia da súa idade. Por iso, haberá accións concretas tanto para os rapaces máis novos como para os estudantes universitarios ou que xa remataran os seus estudos.

A programación desta nova iniciativa de educación non formal e entretemento saudable estará composta por:

Programa de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos.

Encontros de desenvolvemento e aprendizaxe xuvenil nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo. Formación, charlas inspiradoras e networking.

Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia.

Todas as actividades levaranse a cabo seguindo as medidas de prevención, seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para facer fronte á Covid-19. Así mesmo, para a actividade nos albergues xuvenís que inclúe pernoita deberase achegar unha declaración responsable sobre condicións de saúde á entrada da estancia, que será facilitada con anterioridade pola Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Preme AQUÍ para ver todo o programa!

Comentarios