INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

 

A Consellería de Educación publica as normas para acceder ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2021-2022.

1. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio.

Requisitos:
a) Dispor do título de graduado en ESO e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non dispoñan do título de ESO, deberán ter cumpridos os 17 anos e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír por:
– Pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional.
– Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas.
– Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores, ou para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PREME NESTA LIGAZÓN

Comentarios