Inspiraciencia 2021
Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar a achega ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.
Pode participar calquera persoa que presente un relato orixinal, en calquera das linguas do concurso (catalán, castelán, éuscaro e galego), que estea inspirado nunha temática científica. Deben ser inéditos e non ser premiados en ningunha outra convocatoria, certame ou premio literario, nin ser publicados nun medio ou blog persoal.
O concurso ten unha única modalidade competitiva: Relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras.
As persoas participantes poden participar nunha das seguintes categorías:
Adulto/a (a partir de 18 anos), enténdese que os participantes son maiores de idade na data de peche do prazo de presentación de relatos.
Mozo/a (de 12 a 17 anos), é dicir, os participantes son menores de 18 anos na data de peche do prazo de presentación de relatos.
Os orixinais deben presentarse a través do web: https://inspiraciencia.es/gl/
O prazo de presentación de relatos estará aberto ata o 13 de xuño de 2021
Haberá un premio institucional para cada categoría e lingua, e un premio do público por categoría. Este ano, ademais, o premio institucional outorgará o premio especial «De ciencias e de letras» de cada categoría.
Os premios serán dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura e a subscrición a revistas de divulgación. O premio «De ciencias e de letras» será unha experiencia relacionada co proceso de creación dun dos espectáculos ideados para a gala de Inspiraciencia.
O profesorado que promovese a participación do alumnado con polo menos un relato na categoría Nova do concurso poderá optar ao premio especial «De ciencias e de letras»
Comentarios
Publicar un comentario