INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Encontro de Correspondentes Xuvenís

 


A Xunta de Galicia celebrou o Día Europeo da Información xuvenil cun evento en liña con mozas e mozos que forman parte do programa Correspondentes xuvenís. Foron dúas xornadas os días 17 e 18 de abril nas que os e as participantes adquiriron formación vinculada ao bo uso das redes sociais, así como para realizar dinámicas de deseño e emprendemento.

Un dos obxectivos deste foro foi conectar os participantes do programa Correspondentes xuvenís, que neste curso 2020-21 superan os 500 mozos e mozas. Ademais de achegar actividades durante os dous días que durou o evento, aproveitouse para recoller impresións e suxestións da mocidade, definir estratexias e deseñar novas iniciativas nas que se motive á participación da xuventude.

Este encontro, no que participou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, contou con actividades dirixidas a utilizar as ferramentas que proporcionan os teléfonos móbiles, tales como a cámara, a gravadora ou as diferentes aplicacións web para o seu uso para a transimisión de información xuvenil.

Así mesmo, organizáronse grupos para desenvolver iniciativas nos que os e as correspondentes puxeron en uso as habilidades aprendidas. Logo de rematar os proxectos, presentáronse a un xurado profesional que escolleu cal deles foi o mellor grazas ao seu deseño e a escolla de información.


Comentarios