INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Corpo Europeo de Solidariedade 2021-2027

 

A Comisión Europea puxo en marcha a primeira convocatoria para a presentación de proxectos no marco do novo programa Corpo Europeo de Solidariedade 2021-2027, acompañada da Guía e os formularios para 2021.

Baixo a novo lema “A unión fai a forza”, o programa Corpo Europeo de Solidariedade (CES) apoia aos mozos/as, de 18 a 30 anos, que queiran involucrarse en actividades de voluntariado en diversos campos, desde a axuda ás persoas en situación de necesidade ata o apoio a actuacións ambientais e de saúde, tanto na UE como fóra dela.

A prioridade de 2021 será a saúde e mobilizará aos voluntarios/as para que participen en proxectos vinculados ao área sanitaria, como os relacionados co impacto da pandemia de COVID-19, e a recuperación dos países. A partir do próximo ano, o programa tamén permitirá aos mozos participar en actividades de voluntariado de axuda humanitaria en todo o mundo.

PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTE PROGRAMA PREME AQUÍ


Comentarios