INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega)

 

Álbum de Galicia. 538 vidas para contar un país, é a base de datos online do Consello da Cultura Galega na que se recolle a historia da nosa terra a través de biografías destacadas.
A idea é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa Historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país.

As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas.

http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/index.php 

Comentarios