Programas de axudas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade
A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro rexistradas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), para o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de abril de 2021
As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento SI427A
Máis información no DOG do 9 de marzo de 2021 e en http://igualdade.xunta.gal
Comentarios
Publicar un comentario