INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Programa Vivenda

 

A Fundación Barrié e Cáritas asinan un convenio de colaboración para a posta en marcha do PROGRAMA VIVENDA, dirixido a familias galegas en situación de vulnerabilidade na actual contorna de crise:

Axudas de emerxencia ao pago de alugueiro ou hipoteca de vivenda habitual e permanente, así como seguros de fogar e de falta de pagamento do alugueiro, fianzas, cotas da comunidade de propietarios e recibos de subministracións básicas.

Apoio ao Programa de Pisos de Acollida de Cáritas, centrado na creación dunha infraestrutura de aloxamento de carácter temporal que, ademais de vivenda, ofreza unha atención integral mediante o acompañamento educativo, laboral e social daquelas persoas que, debido á súa situación de vulnerabilidade, quedáronse sen acceso a unha vivenda.

Axudas destinadas á mellora das condicións de habitabilidade de vivendas en propiedade que se atopen en situación de risco ou en situación precaria.

https://fundacionbarrie.org/programa-vivienda-caritas

Comentarios