Encontro da Fundación Galicia Europa sobre oportunidades laborais para a xuventude na UE
A Fundación Galicia Europa (FGE) abre o prazo de inscrición aos seus encontros sobre prácticas e saídas laborais para a mocidade na Unión Europea.
Os encontros, denominados Diálogos con, terán lugar en dúas xornadas virtuais neste mes de marzo e os asistentes poderán escoller entre a primeira, o día 23, ou a segunda, o día 25.
Durante o evento, a mocidade participante poderá coñecer da man de bolseiros da Fundación Galicia Europa e de institucións comunitarias, como o Parlamento Europeo ou Comisión Europea, as oportunidades de prácticas e as saídas laborais que ofrece o ámbito comunitario, así como dialogar con antigos bolseiros sobre a súa experiencia persoal.
Diálogos con é unha iniciativa organizada pola Fundación Galicia Europa en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, enmarcada dentro da súa sección #EuroXuventude, coa que desexa continuar a dar resposta a un dos seus obxectivos fundacionais: formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia.
A inscrición a estas xornadas ten un aforo limitado e os interesados poden acceder ao programa e á páxina de inscrición a través desta ligazón
Escolle a túa xornada e participa!
Martes, 23 de marzo
11:00. Introducción ao Diálogo
Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Pilar del Oro, responsable de Euroxuventude na Fundación Galicia Europa
11:15. Presentación da Fundación Galicia Europa
Sarai Vila Cid, bolseira da Fundación Galicia Europa na oficina de Bruxelas
11:20. Diálogo con Sofía Sanesteban Beceiro, antiga bolseira no Parlamento Europeo.
Moderado por Pilar del Oro
11:40. Presentación das bolsas en institucións europeas.
Sarai Vila Cid, bolseira da Fundación Galicia Europa na oficina de Bruxelas
11:50. Coloquio e rolda de preguntas e respostas.
Xoves, 25 de marzo
11:00. Introducción ao Diálogo
Ana Ramos, directora da oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa
Pilar del Oro, responsable de Euroxuventude na Fundación Galicia Europa
11:15. Presentación da Fundación Galicia Europa
Claudia Pablos Lorenzo, bolseira da Fundación Galicia Europa na oficina de Bruxelas
11:20. Diálogo con Cristina Dans Iglesias, bolseira na Comisión Europea.
Moderado por Pilar del Oro
11:40. Presentación das bolsas en institucións europeas.
Claudia Pablos Lorenzo, bolseira da Fundación Galicia Europa na oficina de Bruxelas
11:50. Coloquio e rolda de preguntas e respostas.
Comentarios
Publicar un comentario