INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Probas para a o título da ESO para maiores de 18 anos

 

A Consellería de Educación convoca as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos, nas convocatorias de maio e setembro.

Requisitos das persoas aspirantes:
Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2020/21 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

Os prazos de matrícula serán:
Convocatoria de maio: 8 de marzo ao 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

Lugares de inscrición:
A Coruña:
- Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15011 A Coruña.
Ferrol:
- Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
Santiago de Compostela:
- Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
- Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
Carballo:
IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.
Lugo:
– Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
Ourense:
– Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
Vigo:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
O Porriño:
– IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.
Tui:
– IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.
Vilagarcía de Arousa:
– IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.

Realización das probas:  as probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días  21 de maio e 10 de setembro de 2021.
 
As solicitudes poden descargarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A
Máis información e exames de anos anteriores en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238
Publicado no DOG do 12 de febreiro de 2021



Comentarios