INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Explícoche matemáticas 2.0

 

Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa novena edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

Pode participar o alumnado de 3º e 4º da ESO, ciclos de Formación Profesional e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora así como o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento.

Cada participante ou grupo participante preparará un vídeo sobre un tema relacionado coas Matemáticas. A temática e enfoque poderá ser máis formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación) ou poderá recoller manifestacións diversas da matemática na vida cotiá, de carácter cultural, artístico ou social, así como contribucións sobre matemáticas e matemáticos que amosen as súas achegas científicas e nomeadamente, con especial influencia no progreso científico de Galicia.
A duración dos vídeos non será en ningún caso inferior a un minuto e medio e non superior a dous minutos e medio.
É condición indispensable que a lingua empregada sexa o galego. Os participantes poderán utilizar calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico para a realización da curtametraxe.
Os traballos presentados, realizados integramente polos/as participantes, deben ser inéditos e orixinais.

Presentación
Os/as concursantes deberán subir a unha canle de YouTube o vídeo confeccionado e proporcionar unha ligazón válida para a visualización da curtametraxe.
Deberán proporcionar os seguintes datos de contacto:
- Categoría na que participan.
- Enderezo electrónico e teléfono.
- Centro ao que pertence e estudos que realiza.
- Un informe en formato Word ou PDF cos seguintes datos:
- Título do traballo.
- Breve motivación.
- Nome e apelidos de cada participante (profesor/a e alumnos/as).
- Enderezos postal e electrónico de contacto.
- Teléfono de contacto.

Premios:
O Concurso Explícoche Matemáticas 2.0 constará de dúas categorías:
- Categoría A: 2º Ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos de Formación Profesional
- Categoría B: Universidade
Outorgarase un premio na categoría A e dous na categoría B: un para o alumnado de grao e outro para o de mestrado e doutoramento. Os premios está dotados con 200 euros cada un deles

prazo para presentar os vídeos está aberto ata o 26 de marzo de 2021.

https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/dinamizacion/explicochematematicas.html

Comentarios