INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

ACCESO CICLOS FP

 

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

prazo de presentación de solicitudes será entre os días 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312C.
As solicitudes presentaranse en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.
 
Estrutura e organización da proba:
a) Parte sociolingüística:
– Lingua Castelá.
– Lingua Galega.
– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:
– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica.
– Ciencias da Natureza.
– Tecnoloxía.

Realización da proba:  As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 27 de maio de 2021.
 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as ppersoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional e teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.

O prazo de presentación de solicitudes será entre os entre os días 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312D

Estrutura da proba:
a) Parte común:
– Lingua Galega.
– Lingua Castelá.
– Matemáticas.
b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe ser examinada:
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física.
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 15 de abril de 2021.  

Máis información no DOG do 9 de febeiro de 2021 e en www.edu.xunta.es/fp

Que ciclos formativos podes estudar en Galicia?:  http://xuventude.xunta.es/ensino-e-bolsas

Comentarios