A UNESCO chámalles "tesouros vivos" a testemuñas de vida relevantes, portadoras de saberes de alta significación para a comunidade ou de manifestacións humanas en perigo de desaparecer e que posúen en sumo grao os coñecementos e técnicas precisas para interpretar ou recrear determinados elementos do patrimonio cultural inmaterial.
Antaxurada achégase a distintos puntos do Camiño de Inverno para ofrecernos unhas serie documental de 5 capítulos con cadansúa entrevista a unha persoa significativa en relación ao territorio e ao patrimonio cultural inmaterial galego, co fin de darnos a coñecer de primeira man a historia e a cultura da nosa contorna. Cada audiovisual vai acompañado dunha proposta que persegue facilitar o labor de traballadoras e traballadores do ámbito cultural.
https://www.proxectotesourosvivos.gal/
Comentarios
Publicar un comentario