Novidades no carné xove
O Carné Xove será enviado de xeito gratuíto ao domicilio do 100% das mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos. Trátase dunha das novidades do novo carné e que beneficiará ao total das 400.000 rapazas e rapaces galegos.
Outra das novidades é que se suprimirán as taxas para a súa renovación, que actualmente son de seis euros. A súa vixencia pasará a ser indefinida, en lugar de caducar cada dous anos, de xeito que o carné será válido ata que o seu titular cumpra os 30 anos.
https://politicasocial.xunta.gal/gl/conselleria/novas/nova?id=nova_estandar53973.html
Comentarios
Publicar un comentario