IX Premio de Microrrelatos Manuel J.Peláez
O texto será de tema libre, escrito en castelán e cunha extensión mínima de 9 palabras e unha extensión máxima de 186, incluíndo as do título.
Cada participante enviará un só correo electrónico, con dous arquivos: un co/os texto/s e outro coa plica (nome e apelidos, dirección postal completa e teléfono), a: premiomicrorelato@colectivomanueljpelaez.org
Os textos presentaranse en arquivos word exclusivamente, co título en negrita encabezando o texto. En “Asunto” do correo deberá aparecer o título do/os texto/s presentado/s.
O prazo de recepción de textos estará aberto ata o 28 de febreiro de 2021.
A resolución farase pública o 14 de maio de 2021 na web do CMJP e nas súas redes sociais.
Poderá participar calquera persoa, presentando un máximo de dous microrrelatos, orixinais e inéditos.
Haberá un único premio en metálico de 1.200€ para a persoa gañadora.
Ademais do premio en metálico, o texto gañador será publicado, xunto aos considerados finalistas, nunha antoloxía de edición non venal. Unha vez publicada a antoloxía, os dereitos dos textos pertencerán ás autoras e autores dos mesmos.
Máis información: http://www.colectivomanueljpelaez.org/123-convocado_el_ix_premio_de_microrrelatos_manuel_j._pelaez.html
Comentarios
Publicar un comentario