Queres facer un libro coas vivencias e experiencias dos teus avós?
Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha, en colaboración con Envita, o seu novo programa +60, «Historias vividas», un proceso de revisión e reflexión sobre as traxectorias vitais das persoas participantes que utiliza unha plataforma online para reunir os relatos e experiencias de toda unha vida, que posteriormente se recollerán nun libro.
A iniciativa enmárcase dentro do programa da entidade «O valor da experiencia», que ten como obxectivo poñer en valor a experiencia vital e profesional das persoas maiores, e do que forman parte os proxectos interxeracionais «Fálame da emigración» e «Falemos da escola». As persoas interesadas no programa, que ten unha duración dun ano, poden inscribirse na web Historias vividas e realizar calquera consulta na rede Espazos+60.
Comentarios
Publicar un comentario