A humanidade non estará completa sen o teu verso
"A humanidade non estará completa sen o teu verso". Con este lema, o 30 de decembro comeza Universal Poem, un proxecto artístico e social que dá á xente a oportunidade de unirse, escribindo a tempo real un verso a través de Twitter, sms (gratuíto) ou web e compartilo en pantallas públicas e privadas, para que sumado ao dos demais, forme o poema de toda a nosa especie, un poema sen final, o poema de toda a humanidade, un poema universal.
Este proxecto, que quere encher o mundo de versos, e finalizar 2020 con optimismo e facer 2021 un mundo máis colaborativo, é unha ferramenta social e educativa que se está implementando en bibliotecas e centros culturais en España, EEUU, Latinoamérica e Europa.
Podes participar neste proxecto de diversas formas:
Ata o 30 de decembro:
Axudando a difundir a mensaxe a través de redes sociais, compartindo o material de precampaña das redes de Universal Poem e animando aos teus seguidores para seguir o proxecto.
Enviando un vídeo que axude a visibilizar o proxecto, desde o teu lugar de orixe. Por exemplo: “Son Ana, desde Miami, e o meu verso para Universal Poem é…” que se usará a partir do día 30 de decembro etiquetando ao/a “poeta” e a Universal Poem. Pódese enviar por correo a: write@universalpoem.com
A partir do 30 de decembro:
Colaborando no verso escrito. Universal Poem quere chegar ao cabo do mundo, a cada poeta do planeta. Participa!
Comentarios
Publicar un comentario