INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Youtubeir@s 2020 (GALEGO)

Youtubeir@s 2020

Os premios Youtubeir@s teñen como finalidade animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos e sumar visibilidade á produción en galego e á comunidade youtubeira.

Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos con vídeos autoproducidos subidos a Youtube. Pódese participar cun vídeo, con varios vídeos e/ou cunha canle.

- Todos os vídeos inscritos teñen que estar publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019 na plataforma de vídeos Youtube, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición do vídeo.
- No caso de presentar unha canle, esta ten que conter cando menos 5 vídeos realizados con data posterior ao 27 de setembro de 2019, estar en galego e ter na descrición os cancelos #youtubeiras #youtubeiros, sen restricións de privacidade.
- Os vídeos individuais que sexan presentados a Youtubeir@s teñen que estar integramente en galego.
- As canles de Youtube presentadas deben ter a maioría dos vídeos en galego.
- Os títulos dos vídeos, as descricións e os subtítulos permanentes (de habelos) teñen que estar en galego.

Premios:
CANLE, premio dotado con 1000 €. Optan a este premio as canles presentadas.
YOUTUBEIR@, dotado con 1000 €. Optan a este premio creadores e creadoras das canles presentadas. 
VÍDEO, dotado con 1000 €. Optan a este premio os vídeos presentados.
CALIDADE LINGÜÍSTICA, dotado con 500 €. 
IMPACTO, premio dotado con 500 €. 
CALIDADE TÉCNICA, premio dotado con 500 €. 
COMUNICACIÓN, premio valorado con 500 €. 
CREATIVIDADE, premio valorado con 500 €. 
MUSICAL, premio valorado con 500 €. 
DIDÁCTICO, premio valorado con 500 €. 
PIONEIRO, premio valorado con 500 €.
DO PÚBLICO, valorado con 500 €.

prazo para inscribir os vídeos e canles no Premios Youtubeir@s é ata o 23 de outubro de 2020 ás 23.59 h. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde.
As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario que figura na web www.youtubeiras.gal 

https://youtubeiras.gal/ 

Comentarios