Certificación galega de competencias dixitais en ofimática
Certificación galega de competencias dixitais en ofimática
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fai unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.
Destinatarios/as
Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.
Organización do curso
- Número de prazas: 180.
- Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
- Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
- Datas de realización: do 1 de setembro ao 22 de novembro de 2020
Contido
- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
- Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
- Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).
O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.
A rede CeMIT ten publicado na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas:
As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal.
É necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico
O prazo estará aberto ata o 4 de xuño.
Máis información no DOG do 28 de maio de 2020 e en https://cemit.xunta.gal/
Comentarios
Publicar un comentario